A conselleira de Política Social e Igualdade visitou esta mañá a sede da entidade en Santiago acompañada do pianista e cofinanciador do programa

Fabiola García e o artista británico James Rodhes trasladan o seu apoio ao programa ‘Tecendo Saúde Mental’ de Feafes

O Goberno galego incrementou este ano a súa aportación ao programa, que se centrará na atención a nais con diagnose en saúde mental, ata os preto de 130.000 euros

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o artista británico James Rodhes visitaron esta mañá a sede da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade mental de Galicia (Feafes) en Santiago, onde trasladaron o seu apoio ao programa ‘Tecendo Saúde Mental’ que este ano cumpre a súa segunda edición.

A conselleira lembrou que o Goberno galego incrementou a súa colaboración con este programa ao que este ano destina preto de 130.000 euros. Ademais, nesta edición esta iniciativa centrarase na atención específica a nais con diagnóstico en saúde mental e tamén á protección dos seus fillos. Fabiola García, agradeceu a Feafes o seu traballo en asesorar, acompañar e dar acougo a todas as persoas que se atopan nesta situación.

Así mesmo, tamén lle deu ao artista James Rodhes a súa implicación neste ámbito e o seu labor en dar visibilidade á saúde mental mediante o seu recoñecemento en todo o mundo. A Xunta trata de escoitar e ofrecer servizos que melloren a atención, tanto sanitaria como social, á saúde mental. Exemplo disto é a axuda de 500.000 euros para a construción da nova unidade residencial para persoas con saúde mental en Ferrol, Eume e Ortegal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/06/2024