A Xunta tramita o proxecto da humanización da praza Isaac Díaz Pardo, en Oroso

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo unha reunión co alcalde de Oroso, Álex Doval

O Concello de Oroso conta, por primeira vez, cun Plan Hurbe da Xunta, ao abeiro do que se executarán as citadas intervencións

O obxectivo é converter a praza nun espazo semipeonil, garantindo a mobilidade de vehículos entre as rúas Xuncal e do Camiño Inglés

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

A Xunta está a tramitar o proxecto municipal para a humanización da praza Isaac Díaz Pardo, no concello de Oroso, e que conta cun investimento de 600.000€.

Así llo trasladou hoxe a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, ao alcalde de Oroso, Álex Doval, co que mantivo unha reunión para abordar actuacións no municipio.

O Concello de Oroso accede por primeira vez ao Plan Hurbe da Xunta, ao abeiro do que se executarán as citadas intervencións.

O obxectivo é converter a praza nun espazo semipeonil, garantindo a mobilidade de vehículos entre as rúas Xuncal e do Camiño Inglés.

A falla dos estudos preceptivos, uns dos cambios fundamentais será a eliminación do actual estacionamento na praza, polo que se manterá una acceso estratéxico para os vehículos de reparto. O proxecto do Concello de Oroso contempla tamén novos espazos verdes e, por suposto, zona peonil.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/06/2024