A Academia Galega de Seguridade Pública celebra o Día das Familias co alumnado

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, compartiu a xornada cos familiares dos axentes da 16ª promoción de Policía Local, que rematará a súa formación na Academia en outubro antes de tomar posesión a comezos de ano

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, deu a benvida no Día das Familias ás persoas que acompañaron  aos case un cento de axentes da 16ª promoción de Policía Local.

Un ano máis os familiares do alumnado achegáronse á academia para coñecer as instalacións onde os futuros axentes realizan a súa formación e coñecer como é a súa actividade diaria.

A 16ª promoción de policía local que se forma na Academia Galega de Seguridade Pública conta cun cento de aspirantes que superaron as distintas fases do proceso. O próximo mes de outubro, despois de estar de prácticas os meses de verán nos seus concellos de destino, volverán ás aulas para rematar a formación teórica e poder ser nomeados funcionarios de carreira a comezos de ano.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/06/2024