O presidente do Colexio de Médicos visita a residencia da Milagrosa para participar nunha entrevista do ciclo ‘Pulsamos Lugo’

Lugo, 24 de xuño de 2024

O presidente do Colexio Oficial de Médicos lucense, Eduardo Iglesias, visitou hoxe a residencia de maiores da Milagrosa para participar na iniciativa Pulsamos Lugo, un ciclo de entrevistas que realizan os usuarios a persoas da provincia que destacan en diferentes ámbitos. Iglesias estivo acompañado do delegado territorial da Xunta, Javier Arias.

A Administración autonómica organiza esta actividade para favorecer que os residentes leven unha vida activa e participativa. Outras persoas que pasaron polo centro nas últimas semanas para responder ás preguntas dos usuarios foron a presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, María Luisa Sandar; o responsable da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo, Julio Méndez; o xefe provincial da Policía Autonómica de Lugo, Javier Amigo, que acaba de xubilarse; e a presidenta do grupo etnográfico Traxandaina, Teresa Astorgano.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/06/2024