Miguel Corgos felicita aos economistas no acto de celebración da festividade de San Pablo

A Coruña, 21 de xuño de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, felicitou esta tarde aos economistas no acto de celebración da festividade de San Pablo, organizado polo Colexio de Economistas de A Coruña.

Así mesmo, Miguel Corgos aproveitou a súa intervención para trasladar os parabéns aos alumnos que forman parte da promoción deste ano do Máster en Fiscalidad y Tributación que, desde 2007, vén impartindo o colexio.

Durante o acto, o Colexio de Economistas de A Coruña entregou tamén as insignias aos profesionais que levan 25 anos colexiados, entre os que se atopa o conselleiro.

Miguel Corgos asegurou que a Xunta seguirá comprometida coa estabilidade, a fiabilidade e a previsibilidade, tres elementos que contribúen á boa marcha da economía e á creación de emprego.

Nese camiño, recordou que o Goberno galego xa está a traballar nos orzamentos para o vindeiro ano 2025; unhas contas que impulsarán a vivenda, as infraestruturas sanitarias e a execución dos Fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/06/2024