Arias gaba o labor da asociación ‘Amigos de Manuel Jorge’ para crear un centro cultural en homenaxe ao arquitecto chantadés

Lugo, 21 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do proxecto da asociación Amigos de Manuel Jorge para crear un museo na súa homenaxe en Chantada que sexa, á súa vez, o Centro de Cultura Contemporánea da Ribeira Sacra. Arias afirmou que a iniciativa será un impulso importante para o protagonismo cultural da vila dentro dunha comarca que aspira a ser Patrimonio da Humanidade.

A asociación rehabilitará un edificio na Praza de España da localidade para acoller as obras cedidas por Manuel Jorge así como exposicións temporais ou eventos doutros artistas.

Manuel Jorge naceu en Chantada e morreu no 2020 en Alicante, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional. Destacou como pintor e como arquitecto, especialmente polas súas achegas ao estilo arquitectónico mediterráneo. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/06/2024