José González destaca a aposta da Casa RIA do arquitecto David Chipperfield en Santiago pola captación de talento

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou esta mañá a Casa RIA, que estrea en Santiago de Compostela o arquitecto británico e premio Pritzker David Chipperfield. Alí, destacou a aposta do novo inmoble pola captación de talento, xa que destinará un dos seus espazos a unha residencia onde estudantes de arquitectura e doutras disciplinas de todo o mundo poderán pasar tempadas na capital galega, ao tempo que reciben formación de expertos e intercambian experiencias.

Durante a visita o conselleiro estivo acompañado, ademais de por David Chipperfield, polo secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración; Joaquín Macho, e polo director da Fundación RIA, Manuel Rodríguez. Alí José González tamén loou a iniciativa porque, ao seu xuízo, permite presentar Galicia como destino atractivo para traballar e emprender. Aproveitou para destacar o compromiso de Chipperfield e da súa Fundación RIA coa dinamización e vertebración do territorio galego, potenciando novas perspectivas arredor da economía, do urbanismo, da arquitectura e do propio deseño das vilas e cidades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/06/2024