A Xunta participa no acto de Entreculturas polo Día Mundial das Persoas Refuxiadas

A Coruña, 20 de xuño de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá no acto de peche da celebración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas organizado pola ONG Entreculturas.

Durante o evento, o coordinador territorial de Entreculturas Galicia, José Luis Barreiro, presentou o Informe Escola Refuxio 2024 e leuse o manifesto dos Mozos da Rede Solidaria sobre a protección do dereito á educación en calquera circunstancia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/06/2024