A conselleira Martínez Allegue aborda co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, actuacións en materia de vivenda no municipio

A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas trasladoulle ao rexedor a disposición da Xunta para impulsar a construción de vivendas nunha parcela cedida polo Concello

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

A conselleira Martínez Allegue vén de manter unha xuntanza co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, na que abordaron actuacións en materia de vivenda no municipio.

A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas trasladoulle ao rexedor a disposición da Xunta para impulsar a construción de vivendas nunha parcela cedida polo Concello.

No encontro tamén trataron o avance das obras de ampliación da autoestrada Santiago-A Estrada (AG-59), entre A Ramallosa e Pontevea.

Ademais, a conselleira sinalou que o Goberno galego, de xeito paralelo, está a traballar no proxecto da segunda fase de prolongación da autovía, entre Pontevea e O Rollo. O proxecto xa se atopa en fase de supervisión técnica e prevese a súa aprobación ao longo deste ano.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/06/2024