A Xunta participa na clausura do curso 2023/24 das Aulas Senior de Ategal

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou na clausura do curso 2023/24 das Aulas Senior de Galicia que promove a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal). Este ano, a Xunta investiu 190.000 euros neste programa que ofrece seminarios de historia e literatura, obradoiros de memoria, debuxo e teatro ou ximnasia, entre outras actividades.

No acto, celebrado no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o director xeral salientou a aposta da Xunta polo envellecemento activo, con medidas como o Carné +65 ou o programa Benestar en Balnearios. O prazo de solicitudes deste último abriu o esta semana. Na nova convocatoria ofrécense estadías en 15 establecementos da nosa comunidade para maiores de 60 anos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/06/2024