A Xunta galardoa a alumnado do IES Maximino Romero de Zas cun dos primeiros Premios de Consumópolis

Zas (A Coruña), 19 de xuño de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez Abeal, visitou e felicitou hoxe ao alumnado do IES Maximino Romero de Zas premiado no concurso autonómico Consumópolis, co que o Goberno galego está a potenciar a educación para o consumo responsable nos centros de ensino. Coa iniciativa, o que se busca é motivar o traballo activo e colaborativo de alumnado de 5º e 6º de primaria, da ESO e FP básica. En concreto, o centro educativo de Zas gañou na categoría de 3º e 4º de ESO e de FP Básica.

Nesta 19ª edición, organizada baixo o lema Súmate á enerxía responsable, establecéronse tres categorías por idades, concedéndose premios para os tres mellores traballos en cada tramo de idade, dotados con 1.000 euros os primeiros premios, 600 euros os segundos e 300 euros os terceiros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/06/2024