A Xunta apoia a primeira edición do ‘Valadouro Rock’, que congregará a nove bandas o sábado en Ferreira do Valadouro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa xunto cos promotores do festival, Agustín Claverol e Sergio Rubio

Lugo, 18 de xuño de 2024

A primeira edición do Valadouro Rock congregará a nove bandas do panorama nacional e galego en Ferreira do Valadouro o próximo sábado 22 de xuño co apoio da Xunta.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa na Delegación Territorial xunto cos promotores do festival, Agustín Claverol e Sergio Rubio. Os grupos que integran o cartel son OBÚS, Gigatron, Vita Imana, Miguel Costas, Strikeback, Leather Boys, Materia Muerta, Drunken Buddha e SKÜLD.

O evento contará con zona de acampada e food trucks gastronómicos. Para facilitar os desprazamentos, a organización habilitará un servizo de buses desde Viveiro que parará en Xove, San Cibrao, Cervo, Burela, Cangas de Foz e Foz.

Os pases poden adquirirse online ata este xoves na web do festival. Tamén están á venda entradas físicas no estanco da praza de Santa María, en Ferreira do Valadouro; e o mesmo día poderán retirarse en taquilla. Segundo explicaron os organizadores, haberá descontos para os residentes no Valadouro e Alfoz.

Arias gabou o traballo da organización para ofrecer “unha proposta deste nivel que terá un impacto positivo na economía do Valadouro”, ao tempo que “contribúe a diversificar a oferta turística na Mariña e a dar a coñecer toda a riqueza da zona”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/06/2024