A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública no barrio da Tinería de Lugo

Lugo, 18 de xuño de 2024

A Xunta entregou hoxe unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro no barrio da Tinería de Lugo. Trátase dun apartamento duns 38 metros cadrados e un dormitorio situado na rúa do Miño.

O delegado territorial, Javier Arias, participou na entrega das chaves á persoa adxudicataria. Lembrou que en canto unha vivenda de xestión pública autonómica queda baleira, a Xunta axiliza os trámites para poñela a disposición dun novo ocupante.  Subliñou que os sorteos das vivendas realízanse entre as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Galicia, un trámite gratuíto que pode facerse online.

Arias apuntou que a Xunta segue avanzando na execución de novas vivendas de promoción pública na provincia ao tempo que impulsa medidas para incentivar aos promotores públicos e privados a construír inmobles que contribúan a reforzar o parque residencial destinado ao alugueiro accesible en toda a Comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/06/2024