A Axencia Galega das Industrias Culturais e a Spain Film Commission abordan liñas de colaboración conxunta

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia o secretario da Spain Film Commission, Juan Manuel Guimeráns, con quen abordou as futuras liñas de colaboración conxunta entre a entidade estatal e a Xunta de Galicia, coa mirada posta na próxima entrada en funcionamento da Galicia Film Commission.

Na xuntanza, na que tamén participou Dolores Meijomín, coordinadora de Política Audiovisual da Axencia, tratáronse asuntos como as vantaxes e oportunidades de unir esforzos entre as dúas estruturas, sobre todo no que respecta á proxección internacional, á formación e capacitación de equipos ou a posta en común de metodoloxías para atraer e facilitar rodaxes en cada territorio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/06/2024