Belén do Campo participa nunha actividade organizada pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia no CEIP Novo Mesoiro

A delegada territorial destacou que concursos coma este son o mellor exemplo de que a lingua de signos é máis que unha ferramenta de comunicación, é unha porta aberta a un mundo de oportunidades, igualdade e respecto

A Coruña, 17 de xuño de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o presidente Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Iker Sertucha, participaron na actividade organizada pola FAXPG no CEIP Novo Mesoiro, un dos centros premiados dentro do concurso “Cantando coas Mans”, no que participaron 21 centros de toda Galicia, que se entregaron recentemente e no que recibiu unha mención de honor polo traballo musical presentado polos seus alumnos. Por esta razón quixo felicitar persoalmente aos alumnos, ao profesorado, ao personal e á intérprete da linguaxe de signos do centro polo traballo que fan no día a día e tamén por este proxecto de convivencia desde a diversidade.

A delegada destacou, na súa intervención, que “concursos coma este son o mellor exemplo de que a lingua de signos é máis que unha ferramenta de comunicación, é unha porta aberta a un mundo de oportunidades, igualdade e respecto”, e subliñou que “apoiar o seu uso e promoción non só beneficia á comunidade xorda, senón que enriquece á nosa sociedade no seu conxunto, promovendo a inclusión e a diversidade”. Este tipo de iniciativas tamén serven para sensibilizar sobre a superación de obstáculos e para favorecer a integración doutros nenos.

O obxectivo destes premios é sensibilizar e difundir o coñecemento da Lingua de Signos Española entre a mocidade. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/06/2024