Miguel Corgos felicita aos novos graduados do Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia

A Coruña, 14 de xuño de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, felicitou hoxe aos novos graduados do Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia en Administración y Dirección de Empresas, en Publicidad y Relaciones Públicas, en Traducción y Comunicación Intercultural, en Arquitectura e en Técnico Superior en Animación 3D, Juegos y Entornos Interactivos.

Miguel Corgos desexoulles os maiores éxitos nas súas traxectorias profesionais, cunha experiencia laboral chea de oportunidades. Nese camiño, asegurou que sempre contarán co apoio da Xunta, para poñer en marcha as súas iniciativas empresariais.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública fixo extensible a felicitación ao equipo do CESUGA, por actuar como unha verdadeira ponte cara ao emprego de calidade, obxectivo de todo centro formativo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/06/2024