A conselleira de Economía e Industria subliña a aposta pola innovación da empresa lucense Madeiras Goiriz

Castro de Rei (Lugo), 14 de xuño de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou esta tarde a Maderas Goiriz como exemplo de empresa que aposta pola innovación baixo criterios de sustentabilidade e racionalidade. 

“Unha empresa familiar comprometida coa xeración de emprego e de riqueza no rural galego e que vai xa pola súa cuarta xeración”, apuntou a titular de Economía e Industria logo dun encontro con responsables da firma lucense ao tempo que lembrou que se trata dunha empresa que abrangue a primeira e segunda transformación e que toda a madeira que empregan é cen por cen galega. 

Lorenzana aproveitou para poñer en valor o apoio do Goberno da Xunta ao tecido industrial galego ligado á madeira, con diferentes liñas de axudas ao sector e que este ano xa acadan os 10M€.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/06/2024