O director xeral para a Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, foi o encargado de dar as acreditacións, nun acto que tivo lugar onte na Sala Pelícano

A Xunta entrega os diplomas aos profesionais do ocio nocturno que completaron o curso para actuar ante violencias sexuais e contra as persoas LGTBI

Desde este mes de xuño, o programa de estudo para obter o título de Controlador de accesos inclúe o contido formativo do protocolo de actuacións contra as violencias sexuais e lgtbifóbicas

A Coruña, 16 de xuño de 2024

O director xeral para a Loita Contra a Violencia de Xénero, Roberno Barba,  entregou onte os diplomas a profesionais que completaron con éxito o curso formativo para prever e actuar ante situacións de violencia sexuais e contra as persoas LGTBI. Coa entrega deste documento, todas aquelas persoas que o reciban non terán que volver realizar o correspondente curso cando modifiquen o seu lugar de traballo ou cambien de empresa.

O director xeral explicou que desde este mes de xuño o programa de estudo para obter o título de Controlador de accesos inclúe, de forma obrigatoria, o contido formativo recollido no protocolo de actuación contra as violencias sexuais e lgtbifóbicas nos espazos de lecer nocturno elaborado pola Xunta de Galicia. 

Así mesmo, Roberto Barba destacou a boa acollida que este protocolo tivo entre o sector do ocio nocturno e que ten por obxecto establecer unhas pautas e unha guía de actuación no caso de ocorrer unha agresión sexual ou un acto violento contra as persoas LGTBI no interior dun local.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/06/2024