Fabiola García asiste á inauguración do auditorio municipal de Ribeira ao que a Xunta destinou 1,1 M€

Ribeira (A Coruña), 15 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta tarde na inauguración do auditorio municipal de Ribeira, ao que o Goberno galego destinou 1,1 millóns de euros. Durante a súa intervención, celebrou que Ribeira siga avanzando, progresando e mellorando en servizos destinados a todos os seus veciños. 

A conselleira lembrou que a Xunta procura mellorar a calidade de vida dos galegos en todos os ámbitos. Neste sentido, fixo fincapé naqueles investimentos que o Goberno galego está a realizar neste concello como é o Punto de Encontro Familiar do Barbanza, para realizar as visitas establecidas polo xulgado en caso de separacións conflitivas; ou a futura residencia de maiores de Ribeira, a primeira en aplicar o novo modelo de coidados, e á que o Goberno galego destinará 12 millóns de euros.     

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/06/2024