Fabiola García visita aos usuarios da residencia de maiores pública autonómica da Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 15 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta tarde os usuarios da residencia de maiores pública autonómica da Pobra do Caramiñal. O Goberno galego vén de destinar máis de 740.000 euros na remodelación íntegra deste centro tanto dos espazos comúns interiores como da fachada exterior. 

Así mesmo, tamén puido comprobar o funcionamento dos dispositivos xeolocalizadores que se instalaron recentemente para poder atender a aqueles maiores que sofren desorientación. Fabiola García lembrou que a Xunta procura mellorar a atención nos centros públicos autonómicos aplicando un novo modelo de coidados que garanta unha maior coordinación sociosanitaria, maior aproveitamento das novas tecnoloxías e mellor organización dos espazos. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/06/2024