O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou na X Festa das Familias da entidade

A Xunta financia con máis de 5 M€ ao ano case 300 prazas residenciais e ocupacionais de ASPRONAGA

O director xeral recoñeceu o labor desta asociación en favor da autonomía e a integración das persoas con discapacidade intelectual

Oleiros (A Coruña), 14 de xuño de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou na X Festa das Familias da Asociación pro persoas con discapacidade intelectual de Galicia (ASPRONAGA). Un evento ao que asistiron arredor de 600 persoas.

 

O director xeral recoñeceu o labor desta entidade en favor da autonomía e da integración dos seus usuarios e transmitiulles o apoio da Xunta de Galicia, que se traduce no financiamento de case 300 prazas residenciais e ocupacionais por valor de máis de 5 millóns de euros ao ano.

 

Jacobo Rey destacou que a imaxe que mellor representa a ASPRONAGA é a dunha gran familia que se acompaña, se apoia e persegue os mesmos obxectivos: mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, reivindicar os seus dereitos e, en definitiva, construír una sociedade máis xusta e máis inclusiva. Unha familia da que, asegura, tamén forma parte o Goberno galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/06/2024