A delegada territorial de Ferrol saúda aos escolares da cidade que participaron no reto TikTok Ilustrado

Ferrol, 14 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, saudou esta mañá, na praza de Armas, aos participantes no reto escolar TikTok Ilustrado, unha actividade organizada polo Concello de Ferrol no marco do IV Festival Ilustrado.

A cita contou coa implicación dun millar de escolares de varios centros educativos da cidade que escenificaron un minué en formato TikTok co que reforzar así a candidatura “Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración” a Patrimonio Mundial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/06/2024