A Xunta avoga polo traballo conxunto das administracións para afrontar os retos do sector da automoción

Ribeira (A Coruña), 14 de xuño de 2024

O director xeral de Planificación e Minas da Consellería de Economía e Industria, Pablo Fernández Vila, asistiu hoxe á V Feira do automóbil eléctrico e hibrido de Ribeira onde avogou polo traballo conxunto de todas as administracións para afrontar os retos que ten por diante o sector da automoción como son a electrificación ou a descarbonización.

O director xeral tamén lembrou que o Goberno galego está a traballar na elaboración dun plan director para este sector, que foi declarado estratéxico, e puxo de manifesto as medidas de apoio adoptadas pola Xunta, tanto no ámbito industrial como comercial. Neste marco, citou o Moves III a liña de axudas para a compra de vehículos eléctricos e a implantación de infraestruturas de recarga.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/06/2024