A Xunta inviste máis de 752.000 euros en mantemento do inmoble de vivendas de promoción pública da rúa Ribeira Sacra 15 a 21, na Coruña

Substituirase a cuberta do edificio e repararanse e impermeabilizaranse a cuberta dos núcleos de comunicación vertical así como a substitución das claraboias

As empresas interesadas neste contrato poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro día 8 de xullo

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia destinará 752.299 euros ás obras de mantemento do inmoble de vivendas de promoción pública construído nos números 15 a 21 da rúa Ribeira Sacra, no polígono de Mesoiro, no concello da Coruña.

Con tal fin, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, licitou a obra de substitución da cuberta e reparación das cubertas dos núcleos de comunicación.

A intervención obxecto deste contrato consistirán no desmontado das pranchas de zinc preexistentes na cuberta do edificio e a colocación dun novo acabado constituído por paneis de aceiro tipo sándwich, con illamento intermedio.

As obras, tamén, incluirán a reparación e impermeabilización das cubertas dos núcleos de comunicación vertical así como a substitución das claraboias.

As empresas interesadas neste contrato poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro día 8 de xullo.

Data de actualización: 14/06/2024