Román Rodríguez destaca en Galicia Biodays o papel fundamental da comunidade na biotecnoloxía

Vigo, 13 de xuño de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, achegouse hoxe ata Galicia Biodays, o foro da industria da Biotecnoloxía e Ciencias da Vida no Espazo Atlántico Europeo, organizado polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e co que colabora a Xunta. Alí puido visitar os stands que conforman o evento e asistir á mesa redonda Os clústers como ferramenta para impulsar a competitividade empresarial.

Este tipo de encontros, que busca poñer en común aos axentes dinamizadores do sector e establecer sinerxías e oportunidades de negocio, reflexan o papel fundamental que ten Galicia no eido da biotecnoloxía, ao abeiro da Estratexia de Consolidación do sector Bio 2021-2025. “Con esta iniciativa queremos continuar posicionando a Galicia como rexión referente en biotecnoloxía, fomentar a xeración de negocio e garantir a consolidación empresarial”, salientou o titular de Ciencia, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/06/2024