A delegada territorial da Xunta en Ferrol asiste á presentación dos dous últimos números do anuario diocesano ‘Estudios Mindonienses’

Ferrol, 10 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde no centro cultural Torrente Ballester á presentación dos dous últimos números do anuario diocesano Estudios Mindonienses, dedicados á figura do intelectual de Guitiriz, Segundo Leonardo Pérez López, con motivo do seu 75 aniversario do seu nacemento e o 50 da súa ordenación sacerdotal.

No acto tamén estiveron presentes o bispo da Diócese Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos; os investigadores Martinho Montero, Margarita Sánchez e Antonio Valín, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/06/2024