O titular de Mar asistiu ao evento gastronómico ‘Estrelas no Camiño’, que cumpre a X edición co apoio da Xunta de Galicia

Alfonso Villares destaca os peixes e mariscos galegos como elementos diferenciais e de excelencia da despensa galega

O titular de Mar pon en valor esta iniciativa solidaria que este ano é en beneficio da Asociación Galega Síndrome Fráxil e que reúne a de chefs de renome nacional e internacional

O responsable autonómico resaltou o auxe e a innovación que hai detrás das novas xeracións de cociñeiros galegos con novas reinterpretacións nas que os produtos do mar de Galicia son os protagonistas

Negreira (A Coruña), 10 de xuño de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou o peixe e mariscos galegos como elementos diferenciais e máis recoñecibles da excelencia da rica e variada despensa galega. Así o manifestou ante chefs de toda España que xuntos suman máis de 80 Estrelas Michelin no evento central da X edición de Estrelas no Camiño organizado por Rogelio Rial de Casa Barqueiro no concello coruñés de Negreira e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, a marca PescadeRías, de onde se non? e Galicia Calidade.

O responsable autonómico, acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, puxo en valor esta iniciativa solidaria que, por segunda vez, será en beneficio da Asociación Galega de Síndrome Fráxil en apoio e traballo en favor da investigación e apoio ás familias afectas por esta doenza. Unha cita que sitúa a Galicia como referente gastronómica concentrando a un importante número profesionais referentes nacionais e internacionais onde a dieta atlántica é protagonista cos produtos galegos como a mellor materia prima.

Nesta liña, o titular de Mar remarcou o auxe e innovación que hai detrás das novas xeracións de cociñeiros galegos  con novas reinterpretacións da cociña galega na que o peixe e marisco é unha peza fundamental. Tamén resaltou a calidade e sabor dos produtos mariños galegos e as súas múltiples propiedades culinarias como un dos maiores tesouros gastronómicos e máis recoñecibles da comunidade polo que apostou por promocionalos e difundilos no exterior así como a súa riqueza nutritiva e os beneficios que hai detrás do seu consumo.

Alfonso Villares celebrou o éxito desta nova edición de Estrelas no Camiño, e reiterou aos seus promotores o seu compromiso do Goberno galego en apoiar este evento que, ademais de axudar a causas benéficas, serve de escaparate excepcional dos produtos galegos. Alimentos que cada día son máis recoñecidos e valorados nos mercados poñendo en valor o coñecemento e bo facer dos nosos profesionais, que son os auténticos artífices de que cheguen a todos os fogares.

Data de actualización: 10/06/2024