A Xunta e a Asociación de Empresarios de Mos suman esforzos na inserción laboral das vítimas de violencia de xénero

Mos (Pontevedra), 10 de xuño de 2024

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, acompañado da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitaron esta mañá as instalacións da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) e mantiveron unha reunión cos seus responsables.

No encontro abordaron a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero e as posibles fórmulas para acadar este obxectivo. Deste xeito, e tras asinar un convenio ao respecto, o Goberno galego e a patronal mosense confirmaron a súa aposta por sumar esforzos nesta dirección.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/06/2024