Ana Ortiz destaca a figura do arquitecto Antonio Palacios na presentación da primeira edición dos premios que recoñecerán ao escritor Iglesias Veiga

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este luns programación coa que se celebrará o centenario da Casa Consistorial do Porriño

O Porriño (Pontevedra), 10 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este luns na presentación a programación coa que o Concello do Porriño celebrará o centenario da súa Casa Consistorial e a convocatoria da primeira edición dos Premios Antonio Palacios. Durante o acto celebrado no edificio municipal, obra do insigne arquitecto, coa presenza do alcalde, Alejandro Lorenzo, e o deputado de Cultura, Jorge Cubela, anunciouse que o galardón recaerá no escritor, historiador e mestre Xosé Ramón Iglesias Veiga.

 

A representante autonómica sinalou que “lembrar a figura de Antonio Palacios é algo ao que todos debemos contribuír. É o arquitecto español máis destacado da primeira metade do século XX e a súa obra é fabulosa, tan só hai que contemplar o marabilloso edificio no que nos atopamos. Palacios soupo conxugar modernidade e tradición”.

 

Pola súa banda, o alcalde anunicou que os premios se entregarán o día 15 de xuño, coincidindo do día en que se inaugurou a Casa do Concello. O premio será a reproducción dunha das esculturas máis emblemáticas da vila, a que preside a praza Arquitecto Antonio Palacios. “Quero agradecer enormemente a disposición do seu autor, o escultor Manuel Buciños, a que a súa obra sexa tamén a imaxe destes premios”, afirmou o rexedor.

 

Pola súa banda, o deputado Jorge Cubela destacou que “para a Deputación, que é a casa dos concellos, é unha honra apoiar a celebración destes premios” e “trasladou a felicitación do Presidente a todos os veciños e veciñas por esta efeméride, por cen anos máis e porque sigamos poñendo en valor a todos os persoeiros que contribuíron a facer máis grande a historia do Porriño e da provincia de Pontevedra”.

 

I Premios Antonio Palacios

O Premio Antonio Palacios á Cultura recoñecerá a aqueles que coa súa creatividade e paixón, manteñen vivas as nosas tradicións e fomentan a innovación artística. O Premio Antonio Palacios á Empresa destacará a emprendedores e entidades que non só acadaron o éxito comercial, senón que tamén demostraron un compromiso coa responsabilidade social e o desenvolvemento sustentable. O Premio Antonio Palacios ao Deporte recoñecerá a atletas, equipos e organización deportivas que demostraron excelencia na súa disciplina e promoveron valores como o traballo en equipo, a perseveranza e o xogo limpo. Pola súa banda, o Premio Antonio Palacios ao Social salientará a quenes fixeron contribucións significativas ao benestar da comunidade, exemplos de compromiso cívico que pode xerar cambios positivos.

 

Por último o Concello do Porriño concederá o Premio Antonio Palacios de Honor en recoñecemento a toda unha vida. O rexedor, revelou hoxe o nome da primeira persoa que recibirá o galardón: Xosé Ramón Iglesias Veiga.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/06/2024