A delegada territorial da Xunta asiste nas Pontes á primera carreira Greenpower de vehículos eléctricos

As Pontes (A Coruña), 8 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acudiu esta mañá no circuíto de karting das Pontes á primeira Carreira Greenpower, unha competición de vehículos eléctricos fabricados desde cero polos participantes. 

A cita, organizada polo campus industrial da Universidade da Coruña (UDC) e a escudaría As Pontes Motorsport, reuniu no recinto a dez equipos procedentes de centros educativos e asociacións de Galicia, Asturias, Cantabria e Madrid na pugna por lograr percorrer o maior número de quilómetros sen esgotar a batería.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/06/2024