Ana Ortiz felicita a Carlos Remeseiro polo seu título mundial de culturismo

O deportista e traballador da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo foi recibido pola representante autonómica

Vigo, 8 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, felicitou este xoves a Carlos Remeseiro polos seus recentes éxitos deportivos ao lograr o título mundial e nacional de culturismo. O deportista, traballador da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, desprazouse a pasada fin de semana ata a localidade andaluza de Frijiliana, onde logrou por primeira vez o Campeonato Mundial NAC e gañou o Open internacional Hyperion Nutrición. Uns días antes Remeseiro xa lograra un novo título nacional en categorías Máster+40 e Talla Alta Senior do Campionato Olimpia AEFF, competición disputada en Granada. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/06/2024