A Xunta realiza as primeiras voaduras do movemento de terras para avanzar na execución das obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada entre A Ramallosa e Pontevea, en Teo

O progreso na intervención obriga a cortar a partir deste luns un vial municipal, que non da servizo directo a ningún núcleo e conta con alternativa de tránsito 

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2024

A Xunta realiza as primeiras voaduras do movemento de terras para avanzar na execución das obras de prolongación da autovía autonómica, Santiago-A Estrada (AG-59), entre A Ramallosa e a estrada AC-241, en Pontevea, que comezaron a finais do outubro do pasado ano.

Estas voaduras realízanse no denominado “desmonte 6” da obra, próximo ao enlace Pontevea, e para seguir traballando é obrigado cortar un vial municipal a partir deste vindeiro luns, día 10 de xuño. Este vial non da servizo directo a ningún núcleo e conta con alternativas de tránsito. 

Esta mesma semana fíxose a primeira voadura do movemento de terras, e terán continuidade a partir da vindeira semana e durante varios meses. Estes traballos realízanse seguindo todos os protocolos necesarios de seguridade, especialmente para as persoas traballadoras das obra.

O material extraído da voadura emprégase na propia obra, como material de recheo.

Data de actualización: 08/06/2024