Valentín García convida ao alumnado do Instituto Cañada Blanch de Londres a “coñecer, vivir e aprender da cultura galega”

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024

O secretario xeral da lingua, Valentín García, acompañou hoxe na Cidade da Cultura ao alumnado que estuda galego no Instituto Cañada Blanch de Londres e que está a visitar Galicia no marco do programa Viaxe da Lingua 2024, onde salientou a importancia deste tipo de iniciativas para a cultura e a lingua galega.

Nesta xornada, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acompañou ao grupo no percorrido polas instalacións, na que foi a última parada deste viaxe para “coñecer, vivir e aprender da realidade cultural e patrimonial de Galicia”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/06/2024