O presidente da Xunta participou na homenaxe ao empresario Adriano Marqués de Magallanes, falecido en decembro do ano pasado

Rueda destaca o papel de Adriano Marqués de Magallanes para o prestixio de Galicia

Vigo, 7 de xuño 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o papel de Adriano Marqués de Magallanes á hora de xerar riqueza e prestixio para Galicia, así como o papel de todos os empresarios como el: “Conseguiu que xente en toda Europa confiase no que facía, o que quere dicir que confiaban en Galicia”, afirmou.

Así o destacou hoxe durante a homenaxe ao empresario e político Adriano Marqués de Magallanes, organizado polo Círculo de Empresarios, de quen eloxiou a súa vocación de servizo público, o seu compromiso coa cultura e o seu carácter emprendedor: “Recórdoo sempre como un home cariñoso, que o fixo todo ben porque o fixo dende a bonhomía”, declarou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/06/2024