A Xunta adxudica por máis de 14 M€ a construción de 74 vivendas de promoción pública en Valdecorvos e licita a redacción de proxectos doutras 104 no concello de Pontevedra

A construción de 74 vivendas na parcela P-16 de Valdecorvos contan cun prazo de execución de 22 meses

O contrato licitado para a redacción dos proxectos para 104 vivendas a construír nas parcelas P-14 e P-17 de Valdecorvos suporá un investimento de preto de 600.000 euros

As empresas e profesionais interesados neste contrato teñen ata o vindeiro 11 de xullo para presentar as súas ofertas.

Santiago de Compostela 7 de xuño de 2024

A xunta adxudica por 14.249.400 euros as obras de construción de 74 vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e locais, na parcela P-16 do polígono de Valdecorvos, en Pontevedra.

O contrato, adxudicado á empresa Sociedad Anónima de Obras y Servicios, Copasa, ten un prazo aproximado de execución de 22 meses.

Ademais, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén tamén de licitar o contrato para a redacción dos proxectos de construción doutras 104 vivendas de promoción pública, que se edificarán nas parcelas P-14 e P-17 de Valdecorvos. O importe de licitación deste contrato é de 592.518,80 euros.

As empresas e profesionais interesados en participar na licitación deste servizo dispoñen ata o 11 de xullo próximo para presentar as súas propostas. Unha vez adxudicado e asinados os contratos, os adxudicatarios disporán dun prazo de 3,5 meses para a execución dos traballos.

Data de actualización: 07/06/2024