A Xunta impulsa a creación de novas mesas locais que permitan dan resposta a posibles casos de maltrato

O Goberno galego está a ampliar a rede de mesas locais por toda a Comunidade que actualmente está integrada por 225 entidades

Ofrece aos concellos formación para dinamizar e crear novos espazos que permitan identificar e previr casos de maltrato 

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024

A Xunta está a impulsar a creación de novas mesas locais nos concellos galegos que permitan dar resposta e previr posibles casos de violencia de xénero. Para iso, promove accións formativas e a creación de novos espazos de traballo naqueles concellos onde non existen. Na actualidade, a rede de mesas locais está integrada por 225 entidades.

Estas mesas permiten detectar a tempo posibles casos de maltrato machista. Nelas, danse cita axentes dos ámbitos educativo, sanitario, policial ou xudicial, entre outros. Por outra parte, as Mesas locais son espazos que permiten ofrecer ás vítimas unha atención e resposta áxil, así como mellorar a protección ás mulleres que estean nunha situación de risco.

Ademais da creación de novas mesas, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero impulsará o funcionamento das que xa están en marcha noutros municipios galegos. Con ese propósito, promoverase a formación do persoal municipal que atende estes espazos.

Data de actualización: 07/06/2024