Arias felicita aos 39 alumnos do conservatorio Xoán Montes que completan este curso as ensinanzas profesionais de música

Lugo, 6 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu esta tarde ao acto de graduación do alumnado que remata este curso as ensinanzas profesionais de música no conservatorio Xoán Montes de Lugo.

Arias felicitou a esta promoción de 39 alumnos e alumnas de sexto curso de grao profesional, que en moitos casos levan dez anos de formación no centro – dende setembro de 2014 -, catro cursos no grao elemental e seis no profesional. As especialidades instrumentais ás que pertencen son moi diversas e algúns deles teñen intención de cursar estudos superiores.

O delegado puxo en valor a calidade da formación que imparte o conservatorio de Lugo, dependente da Xunta, que ofrece 19 especialidades e ronda os 420 matriculados este curso.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/06/2024