A Xunta reforzará o seu apoio á ampliación de servizos e usuarios da Sociedade Beneficente Rosalía de Castro para a atención a galegos residentes en Säo Paulo

Säo Paulo (O Brasil), 6 de xuño de 2024

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, onde se comprometeu a reforzar o seu apoio no proceso de ampliación de servizos e usuarios desta entidade emprazada no Brasil, que se dedica á atención socioasistencial de galegos residentes acollidos no seu centro de día.

Esta entidade sen ánimo de lucro posúe, dende 1983, un centro de asistencia social que ten como finalidade promover o apoio socioasistencial e de acollida para persoas maiores e dependentes a través da súa atención integral con carácter de servizos preventivos, de saúde e asistenciais, para procurar unha lonxevidade saudable. Entre as súas actividades primordiais, atópase a prestación de atención social á colectividade de emigrantes galegos e galegas e descendentes que se atopen nunha situación de necesidade, na súa maior parte debido ás circunstancias socioeconómicas nas que viven.

A Sociedade Beneficiente é a única entidade en São Paulo que presta este tipo de servizos á comunidade galega, de aí a aposta da Xunta por esta colaboración.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/06/2024