Fabiola García asiste á XVI Gala Premios Solidarios Once na Coruña

A Coruña, 5 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu esta tarde á XVI Gala Premios Solidarios Once na Coruña onde tivo a oportunidade de entregar un dos galardóns outorgados pola entidade este ano. O evento permitiu poñer en valor o labor social de persoas que, desde distintos ámbitos, traballan pola inclusión das persoas con discapacidade.

A conselleira agradeceu a Once a invitación un ano máis e tamén o seu traballo diario para facilitar que todas as persoas da nosa Comunidade teñan a oportunidade realizar un proxecto de vida pleno. Neste sentido, comprometeu a colaboración do Goberno galego para que esta axuda e atención chegue ao maior número de persoas posible.

Á gala tamén asistiron a secretaria xeral técnica da Consellería, María Francisca Gómez; e os directores xerais de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey; de Inclusión Social, Arturo Parrado; de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo; de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba; e de Promoción da Igualdade, María Quintiana.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/06/2024