Rueda felicita ao ‘Diario de Ferrol’ polo seu 25º aniversario

Ferrol, 5 de xuño 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde no acto de celebración do 25º aniversario do Diario de Ferrol, a quen felicitou por un cuarto de século contribuíndo á fortalecer a sociedade da cidade departamental.

Na súa intervención, Rueda apostou tamén por poñer en valor a importancia industrial de Ferrol e da súa comarca, e felicitou tamén ás persoas e entidades premiadas na gala polo seu compromiso coa cidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/06/2024