A delegada da Xunta en Ferrol pon en valor o traballo que desenvolve Cruz Roja na zona

Ferrol, 5 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá no seu despacho unha reunión de traballo coa presidenta de Cruz Roja Ferrol, Carmen Fernández, coa finalidade de coñecer os proxectos e iniciativas que están levando a cabo na cidade e a súa bisbarra e as vías de colaboración que a Xunta mantén coa entidade.

Durante o encontro, no que tamén participaron a delegada de Desenvolvemento Local de Cruz Roja, Isabel Vázquez, e a coordinadora de Ferrol, Adriana Diéguez, Aneiros fixo un recoñecemento ao traballo que desenvolve esta entidade a favor da inclusión social das persoas sen teito e inmigrantes, a promoción da igualdade de oportunidades ou o voluntariado, ademais de ofrecer apoios educativos a menores e atención e teleasistencia á persoas maiores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/06/2024