A Xunta abre as propostas económicas para a construción de 59 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia en Vigo

A mesa de contratación coñeceu as ofertas económicas para a construción dun grupo de 18 e outro de 41 vivendas, licitados por un total de 11,3 millóns de euros

Santiago de Compostela 5 de xuño de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continúa avanzando na tramitación dos contratos para a construción de 59 vivendas de promoción pública no polígono 1 da ampliación de San Paio de Navia, en Vigo.

Con tal motivo, a mesa de contratación reuniuse para a apertura das proposicións económicas presentadas polas empresas que presentaron as súas ofertas para a construción de dous grupos de 18 e 41 vivendas respectivamente.

A mesa abriu as propostas económicas presentadas para a construción de 18 vivendas de promoción pública na parcela M-IVA-7 de San Paio de Navia, obra que foi licitada por importe de  3.467.629,17 euros.

Ademais abriu as propostas económicas para a construción de 41 vivendas de promoción pública na parcela M-IVA-8, licitadas por importe de 7.858.684,71 euros.

Data de actualización: 05/06/2024