A Xunta organiza unha xornada de asesoramento técnico sobre os riscos laborais do radon

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na apertura da iniciativa organizada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe por videoconferencia na apertura da xornada técnica O radon no ámbito laboral organizada de xeito on line polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) no marco do seu Plan de actuación 2024.

O Instituto, dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, dá resposta con esta xornada a súa función de promoción, sensibilización e asesoramento técnico a todos os actores implicados na prevención dos riscos no eido laboral, facilitando o cumprimento normativo e en concreto dá concreción ás actuacións programadas para facer fronte ao risco do radon no ámbito laboral.

Ademais de divulgar o coñecemento técnico e normativo para o control deste contaminante, Fernández lembrou que o Issga  colabora coa Consellería de Sanidade no desenvolvemento do Plan reduce radon que establecerá as estratexias e as actividades a desenvolver polas diferentes administracións públicas en Galicia co fin de reducir o risco para a saúde da poboación por exposición ao radon, colaborando nas estratexias e actividades dirixidas ao ámbito laboral.

Data de actualización: 05/06/2024