Rueda participa na presentación do libro ‘Pontevedra, haciendo memoria’

Pontevedra, 4 de xuño 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde na presentación do libro Pontevedra, haciendo memoria, que reúne diferentes artigos do xornalista Rafael López Torre sobre a historia desta cidade.

Rueda fixo fincapé no traballo de investigación que o autor realiza para elaborar cada unha das súas crónicas e salientou a súa capacidade para achegar a historia de Pontevedra aos lectores dunha forma amena e rigorosa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/06/2024