A Xunta e a lexislatura de Bos Aires organizarán actividades culturais para fortalecer lazos entre Galicia e Arxentina

Bos Aires (Arxentina), 4 de xuño de 2024

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, mantiveron hoxe unha reunión de traballo coa presidenta da Comisión de Cultura da Lexislatura de Buenos Aires, Cecilia Ferrero, quen ademais ten ascendencia galega e exerce con orgullo a súa galeguidade.

Durante o encontro, destacouse a importancia de manter e fortalecer os lazos culturais entre Galicia e a comunidade galega en Arxentina. Neste sentido, a Xunta de Galicia segue traballando con normalidade na organización de actividades culturais en colaboración coas autoridades locais, garantindo así a preservación e difusión da cultura galega en Bos Aires.

Ambos resaltaron o compromiso mutuo de continuar colaborando en proxectos culturais que beneficiarán tanto á comunidade galega residente en Arxentina como aos cidadáns arxentinos interesados na rica herdanza cultural de Galicia.

Esta reunión subliña unha vez máis a vontade da Xunta de Galicia de promover a cultura galega máis alá das súas fronteiras, asegurando a conexión e o apoio constante á súa diáspora.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/06/2024