Rueda destaca o incremento nun 11 % das prazas de novo ingreso en FP ata sumar 46.714 e o impulso das titulacións de alta especialización exclusivas de Galicia

Resalta que Galicia contará o vindeiro curso “coa maior oferta de prazas de Formación Profesional” da súa historia

Son 4.540 prazas máis para cursar 214 titulacións diferentes de FP

Salienta que, ademais, amplíase o catálogo coa implantación de 17 novas titulacións: dous novos ciclos, outros dous másteres e 13 novos títulos de alta especialización

A oferta de alta especialización, moi demandada polo tecido empresarial, medra máis dun 52 % ata acadar as 623 prazas

A FP Dual medra un 45 % e os másteres fano por riba do 50 %

Continúase impulsando a oferta no rural galego, cun 11,5 % máis de prazas

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o Consello deu hoxe o visto e prace “á maior oferta de prazas de Formación Profesional na historia de Galicia”, así como a implantar 17 novas titulacións o vindeiro curso 2024/2025.

Rueda salientou que o obxectivo é adaptar estas ensinanzas “ás necesidades do tecido produtivo galego”, así como garantir e seguir mellorando a inserción laboral que xa se sitúa no 85% e que case chega ao 100% no caso da FP Dual. “Trátase tamén de redignificar a FP, algo que xa estamos conseguindo dado o incremento de matrícula destes anos, con case 65.000 alumnos, que é algo máis do dobre que hai dez anos”, apuntou.

Tal e como se amosa no informe elevado pola Consellería de Educación, Universidades, Ciencia e Formación Profesional ao Consello da Xunta que tivo lugar hoxe, Galicia contará o próximo curso cunha oferta de 46.714 prazas de novo ingreso, o que representa 4.540 prazas máis que o curso que agora remata (preto dun 11 % máis) e unha cifra récord no conxunto das 214 ofertas diferentes entre os 153 ciclos de grao básico, medio e superior, 22 másteres, 24 títulos de alta especialización e 15 programas formativos.

 

 

Grao básico

Grao medio

Grao superior

Total

Programas formativos

15

 

 

15

Ciclos

26

48

79

153

Másteres

 

4

18

22

Título de alta especialización

 

7

17

24

Total

41

59

114

214

Así pois, a Formación Profesional galega medra tanto no conxunto da Comunidade como en cada un dos territorios e na case totalidade dos sectores e familias grazas á potenciación da modalidade de FP Dual Intensiva, aos másteres de FP e aos itinerarios de alta especialización exclusivos de Galicia que agora se impulsan de xeito considerable. Isto garante unha oferta ampla, variada, que chega a todo o territorio e que dá resposta a todos os sectores produtivos.

Non en balde, esta oferta foi deseñada logo de escoitar os axentes educativos e socioeconómicos a través do Plan Conecta FP Galicia, con encontros sectoriais e territoriais nos que participaron máis de 12.000 empresas, 400 asociacións, clúster ou entidades empresariais e uns 300 centros.

Datos destacados

Prazas curso 2024/2025

Incremento de prazas con respecto ao curso 2023/2024

Porcentaxe de crecemento

Prazas totais no sistema de FP

46.714

+4.540

+10,76 %

FP Dual Intensiva

6.153

            +1.926

+45,33 %

Másteres

1.658

+576

 

+53,23 %

Títulos alta especialización

623

             +214

 

+52,32 %

Prazas no rural

7.631

+789

+11,53 %

Dentro do catálogo de 214 titulacións, hai catro que se implantan por primeira vez en Galicia, dúas delas en ciclos formativos e outras dúas de máster. Formacións que, tal e como apuntou o presidente da Xunta, contan “cunha alta empregabilidade e onde hai moitas vacantes”: 

 

Centros

Novos ciclos

CIFP de Vilamarín, Ourense (Dual Intensiva)

Ciclo de grao básico Aproveitamento Forestais

 

CIFP As Mercedes, Lugo

CIFP Valentín Paz Andrade, Vigo

(Dual Intensiva)  

Ciclo de grao medio Condución de Vehículos de Transporte por Estrada

Centros

Novos másteres

CIFP As Mercedes, Lugo

IES Luís Seoane, Pontevedra

Ciclo superior de Posicionamento en Buscadores (SEO/SEM) e Comunicación en Redes Sociais

CIFP As Mercedes, Lugo

CIFP Fontecarmoa, Vilagarcía de Arousa

CIFP Portovello, Ourense

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, Ferrol

IES Luís Seoane, Pontevedra

Ciclo superior de Redacción de contidos Dixitais para Márketing e Vendas

Títulos de alta especialización

Rueda resaltou que “unha das principais novidades” para o vindeiro curso escolar é “o reforzo dos títulos de alta especialización, unha modalidade de FP na que Galicia é pioneira”. Trátase dunha formación na que se unen dobre titulacións ou combinacións de ciclos, másteres e cursos distintos e que atende unha demanda específica por parte dos sectores produtivos.

Así pois, o vindeiro curso vanse ofertar un total de “24 títulos de alta especialización, 13 deles de nova implantación” e que abranguen eidos económico-industriais moi variados como son automoción e os novos vehículos híbridos, a robótica, a xestión turística, a restauración, a soldadura, as telecomunicacións, a transformación da madeira ou a cantería, entre outros.

En total ofértanse 623 prazas, o que representa un aumento de máis do 52 % con respecto ao presente curso. Para iso constituiranse 27 grupos de alta especialización distribuídos por toda a xeografía galega. Os de nova incorporación son os seguintes:

 

Concello

Centro

Ciclo

PROVINCIA DA CORUÑA

A Coruña

IES Urbano Lugrís

GM Instalacións de telecomunicacións e oferta parcial de Sistemas microinformáticos e redes

Carballo

IES Monte Neme

GS Instalación e mantemento de sistemas conectados a internet (IoT) e oferta parcial de Robótica colaborativa

Ribeira

CIFP Coroso

GM Mantemento electromecánico e oferta parcial de Elaboración de produtos alimentarios

Ribeira

CIFP Coroso

GS Dobre titulación en Automoción e Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos

PROVINCIA DE OURENSE

Ourense

CIFP A Farixa

GS Dobre titulación en Xestión de aloxamentos turísticos e Axencias de viaxes e xestión de eventos

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Poio

Escola de Cantería de Poio

GM Pedra natural especializado en cantería

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

GS Dirección de cociña e oferta parcial de Dirección de servizos de restauración

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

GS Dirección de cociña e oferta parcial de Procesos e calidade na industria alimentaria

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

GS Dirección de servizos de restauración e oferta parcial de Xestión de aloxamentos turísticos

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

GS Dobre titulación en Axencias de viaxes e xestión de eventos e Guía, información e asistencia turísticas e oferta parcial de Animación sociocultural e turística

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

GS Guía, información e asistencia turísticas especializado en enoturismo

Valga

IES Plurilingüe de Valga

GS Mecatrónica industrial e oferta parcial de Automatización e robótica industrial

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

GS Construcións metálicas e oferta parcial de Automoción

Potenciación da FP Dual Intensiva e dos másteres

A modalidade de FP Dual Intensiva (a FP Dual clásica que na nova normativa estatal pasa a denominarse así) é unha das que máis pulo recibe por parte do Goberno galego con 6.153 prazas, o que supón un incremento de case o 45 %. Esta modalidade consolídase, por tanto, como unha vía para acadar unha maior formación na empresa, o que garante unha inserción laboral de preto do 100 %.

No que atinxe aos másteres, para o próximo curso ofértanse un total de 1.658 prazas, o que representa un crecemento de máis do 53 % respecto á oferta do presente curso. En total, ofértanse 76 grupos de másteres distribuídos por toda a xeografía galega.

Por outra parte, tamén se mantén a oferta de programas formativos básicos, un instrumento de especial relevancia para que o alumnado con necesidades educativas especiais poida conseguir a súa incorporación ao mercado laboral ou a súa continuidade no sistema educativo. 

“O obxectivo é seguir co pulo que dende hai anos lle damos desde a Xunta a esa revolución silenciosa que está a vivir a FP”, indicou Rueda.

Impulso ao rural

As necesidades de formación no territorio rural detectadas a través dos encontros do Plan Conecta FP permiten seguir afianzando a aposta por unha oferta formativa atractiva en áreas de menor densidade demográfica, o que confire oportunidades tanto aos mozos e mozas como ás empresas ao tempo que contribúe a fixar poboación.

Así pois, para o próximo curso ofértanse un total de 7.631 prazas no rural, un 11,5% máis que as dispoñibles ata o momento a través da ampliación de ciclos formativos e de másteres na modalidade dual intensiva.

A este obxectivo responden ciclos como os de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural en Mondoñedo e Ribadeo, Aproveitamentos forestais en Vilamarín, Automatización e Robótica industrial en Cee, Produción Agroecolóxica en Arzúa, Automoción en Chantada, Curtis, Ordes, Ponteceso, Ribadavia, Ribadeo e Sanxenxo, Gandaría e Asistencia en sanidade animal en Boqueixón, Melide e Xinzo de Limia ou Paisaxismo e Medio rural en Arzúa e Bergondo, entre outros.

Por outra parte, tamén se incrementan nun 8,8 % as prazas de grao medio no rural, un itinerario axeitado para o alumnado que remata un ciclo de grao básico e que é unha ferramenta de loita contra o abandono escolar temperán e para favorecer a inserción laboral.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2024