O conselleiro do Mar clausura en Mondoñedo as xornadas “Os Camiños de Santiago a Galicia. O seu coñecemento e divulgación”

Mondoñedo (Lugo), 1 de xuño de 2024

O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, clausurou este sábado as xornadas “Os Camiños de Santiago en Galicia. O seu coñecemento e divulgación”, organizadas pola Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (Fegac), e nas que destacou os distintos roteiros como elementos dinamizadores da economía ligados á cultura e ao turismo. 

Villares felicitou aos organizadores e expresou a vontade colaboradora da Xunta, pois este tipo de iniciativas contribúen a impulsar o territorio e poñen en valor o enorme potencial que ten Galicia, onde o mar é un recurso claramente vertebrador e constitúe un sinal de identidade cultural e turístico.

As xornadas, que no día de hoxe chegaron ao seu fin, contou con distintas actividades. É o caso da proxección do documental Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas, de Aser Álvarez; o concerto da Banda de Música Pascual Veiga; un roteiro pola variante do Camiño Norte; ou os encontros con outros colectivos e institucións xacobeas.

A Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago está presidida por José Luis Fernández Ansedes. Naceu en 1.992 en Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes,  co fin de preservar o espírito tradicional das peregrinacións e a investigación, ademais da recuperación e defensa de todos os itinerarios xacobeos que discorren polo noso país e, especialmente, por Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/06/2024