Diego Calvo e José López asisten ao partido de fútbol entre a Selección galega e Panamá

Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiron ao partido de fútbol entre a selección galega e Panamá, celebrado hoxe no estadio vigués Abanca Balaídos. O encontro, que contou co apoio da Xunta, supuxo a volta do combinado galego ao terreo de xogo despois de oito anos sen competir. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/06/2024