A conselleira do Medio Rural e os criadores de rubia galega afondan na colaboración a prol desta raza

Lugo, 2 de xuño de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana en Lugo con responsables da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, encabezados polo seu presidente, César Dorado.

Na xuntanza, na que participou ademais o delegado territorial da Xunta na provincia, Javier Arias, os representantes de Acruga presentaron a entidade á conselleira e avanzouse tamén nas diferentes liñas de colaboración a prol da raza Rubia Galega, en ámbitos como a calidade, a xenética, a produción ou a comercialización.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/06/2024