A Xunta fomenta os encontros interxeracionais no concello de Aranga coa construción dun parque entre as casas Niño e do Maior

Aranga (A Coruña), 1 de xuño de 2024

A Xunta destina 40.000 euros á construción dun parque entre a casa niño e a casa do maior do concello de Aranga para fomentar os encontros interxeracionais e mellorar o confort aos usuarios de ambos os dous servizos. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse esta semana co alcalde da localidade, Alberto Platas, onde se comprometeu a realizar este proxecto. 

O Goberno galego procura a colaboración con todos os concellos galegos para mellorar os seus servizos sociais e garantir unha mellor calidade de vida para os seus veciños, tanto para os máis pequenos como para os maiores. Para aqueles concellos máis pequenos, aposta polo impulso de recursos de conciliación como as casas niño e as casas do maior que, desde a súa creación, demostraron ser de gran utilidade para afianzar poboación e mellorar os servizos no rural. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/06/2024